top of page
IMG-20211104-WA0011-1.jpg

  A asociación Participacción nace en 2016 para  respostar a diversas necesidades:

  • Crear un espazo autoxestionado por persoas, organizacións sociais e veciñais, co obxecto de fomentar o empoderamento e a participación activa da cidadanía en procesos de desenvolvemento comunitario.

  • Concienciar a cidadanía da necesidade de actitudes participativas e solidarias no ámbito da intervención social, educativa, cultural e comunitaria.

  • Afianzar un “xeito de facer” fundamentado na coordinación e traballo en rede con entidades sociais, administracións favorecendo o apoio ao tecido asociativo e o desenvolvemento comunitario.

  • Promover iniciativas que desenvolvan o aumento e a capacidade da cidadanía de comprometerse creando sentimento de pertenza na nosa comunidade e sendo axente de cambio na mesma.

  • Incentivar a creación de espazos comúns tanto físicos como virtuais onde xentes con inquedanzas cívicas podan participar tomando acción.

  • Dinamizar a participación comunitaria, a axuda mutua e a implicación da cidadanía na posta en marcha de iniciativas de mellora do benestar, a igualdade e a calidade de vida.

  • Motivar aos distintos niveis da Administración a incorporar enfoques e dinámicas na súa xestión de transparencia, colaboración entre os distintos axentes e participación da cidadanía na toma de decisións.

 

  • Apoiar e difundir a posta en marcha de iniciativas cidadás e proxectos concretos que sexan coherentes cos principios e valores nos que se basea esta asociación.

  • Promover procesos nos que as persoas sexan protagonistas da transformación das súas contornas e realidades.

  • Xerar actitudes de vida creativos emprendedores e cooperativos dende o enfoque resiliente.

  • Impulsar prácticas participativas co fin de definir propostas que sexan comúns entre os tres protagonistas clave da intervención comunitaria: a administración local, a cidadanía e os recursos técnicos e así fomentar procesos de democracia participativa.

  • Fortalecer e consolidar aos equipos de traballo mediante encontros e formacións que se poden realizar de xeito conxunto entre as/os técnicas/os do programa ou de carácter individualizado polo territorio segundo as necesidades.

  • Establecer estratexias de comunicación e difusión dos diferentes proxectos e actuacións comunitarias.

  • Incorporar a perspectiva de xénero nos proxectos de intervención social.

IMG-20211104-WA0015.jpg
Captura de pantalla 2024-09-11 112800.png
  • Facebook Clean
  • LinkedIn Clean

© 2023 por Pisos Perfectos. Creado con Wix.com

bottom of page